No pub Avante, o Cheers compostelá, ás 22:00. Toca tamén o amigo O Leo i Arremecághona!!!
8.2.10
Happy together
Mércores 10 de febreiro AE participa da festa-concerto que organiza a asemblea comarcal compostelá de Causa Galiza. Haberá pestiscos. Estades todas convidadas...
No pub Avante, o Cheers compostelá, ás 22:00. Toca tamén o amigo O Leo i Arremecághona!!!
No pub Avante, o Cheers compostelá, ás 22:00. Toca tamén o amigo O Leo i Arremecághona!!!
regos: concertos
19.1.10
Bua neno, Galicia es una ful
Pois si, o xoves 21 pola mañá toca mani e á noite a ver se gravásemos na Coruña (Campus da Zapateira, a partir das 21:30 con Ultraqäns) ese temiña que tanto require do público na nosa mesa... Nos tempos do churrilingüismo e dos decretazos cómpre atinxir todas as variantes...Vai daquela a recomendación de hoxe centrada nun koruño de pro que afiou o seu talento no difícil barrio de Katanga. Está a piques de editar o seu primeiro maxi a nivel estatal e faise chamar Arufe aka Nigga Please (escoiten tamén no seu myspace "Ciudades desde el cielo", paga a pena).
14.1.10
Zéfiro
Mimá, cando nos fagan un libro xa teñen algo que pór na sección "Documentais sobre Ataque Escampe. Presenza en filmes". É coña, é coña...
Zéfiro estrearase o 22 de xaneiro no Auditorio de Ourense.
E un día antes tocamos na Coruña canda os Nao para presentar nesa cidade o compilatorio Vozes Novas. Xa concretaremos hora e lugar.
(Que pasa que aínda non hai tráiler sobre semellante acontecemento??)

regos: concertos, recomendacións, zéfiro
7.1.10
Brántega Sessions
Pois tocaba unha outra vez retiro espiritual das Ataque Escampe na aldea de Brántega (na imaxe, músicos nativos da segunda república que foron o berce da actual Banda de Agolada). Vimos de pasar unhas xornadas facendo grupo, escoitando cancións de referencia, probando outros estilos e sonoridades, gravando cousas novas -un par de temas, moitos bosquexos, algunha improvisación- e pasando frío polas noites.Porque si xente, haberá novo disco para 2010, e unha mesma vai perdendo a conta do número que fai...
E xa vos podemos adiantar algo: a capa non vai levar fondo branco.
A música... a música a saber que cores terá...
21.12.09
O regalo de nadal
Non pregunten como, mais o caso é que hai pouco atopamos no faiado da casa este estraño vídeo protagonizado polos inefábeis personaxes d"A grande evasión". Tampouco pregunten por que acontece na praia, por que está en super 8, que relación ten o audio coa imaxe, que vencello garda con estoutro...
En fin, mellor non preguntar nada. En breve tamén o subimos ao llutú.
Feliz década, camaradas.
http://www.vimeo.com/8183775
En fin, mellor non preguntar nada. En breve tamén o subimos ao llutú.
Feliz década, camaradas.
http://www.vimeo.com/8183775
regos: videoclips
15.12.09
O derradeiro asalto
Co concerto de Cervo (Venres 18 de decembro, Pub O muíño, 00:00) as púxiles de Ataque Escampe poñemos fin á Xira The Great Escampe 2009.Houbo avances na nosa técnica, aínda non os suficientes, mais hóuboos. Porén seguimos a usar obxectos non regramentarios, insistimos en infravalorar o xogo de pés, por momentos damos as costas ao contrincante, chegamos desfeitas ao final... Nada que non se poida mellorar nos adestramentos (que os faremos e intensos, xa vos diremos), ou cun bo par de hostias entre nós.
Para escenificar a nosa fame de triunfos no cuadrilátero decidimos probar sorte no certame de Pressing Catch de Berrobambán co tema "Os vingativos". Ademais a semana que vén promocionarémonos entre os mánagers do boxeo cun vídeo co que meter medo a calquera rival, xa veredes...
Ben, recomendación e anuncio: en Cervo estrea da revisión de AE de "Festa malandrómica". Con admiración polo Jevi...
1.12.09
Os dous últimos
Os dous últimos... do ano eh, aínda non lles imos dar esa alegría aos de Som do Galpom.
-6 de decembro en Compostela. A partir das 19:30 nos concertos de Causa Galiza, na alameda. Con Mini e Mero, O Leo i Arremecághona!!!, A magnifique bande dos homes sen medo e Ultraqäns.
-18 de decembro en Cervo. Ás 22:30 no Pub O Muíño.
(Vai a recomendación de hoxe en homenaxe ás nosas estupendas ministras de economía e promoción, das cales e a pesar dos pesares a de novas tecnoloxías terá unha grata lembranza cando toque facer reconto)
25.11.09
Arousa é o lugar onde o ballet tamén se podería ver
Ben, aproveitamos este tempo de tregua -os bolos inmediatos son o 6 e o 18 de decembro en Compostela e Cervo respectivamente, e xa concretaremos- para anunciarvos que desde o ministerio de promoción se está a ultimar o videoclip de "Europa e o ballet". Xa sabedes que o gravamos na Illa de Arousa hai un tempo. Saímos nel todas as ministras, unhas (aínda) menos favorecidas ca outras. Como a cousa vai de derrubar a pouca aura que nalgún momento puidemos ter en soños, deixámosvos con este videoclip de Joe Crepúsculo. Non porque sexa a mellor canción do seu brillante último disco (que non), senón porque sae polo menos tan feo coma calquera de nosoutras.
9.11.09
We will meet again
Alá polo principio desta década Vidal Bolaño fora, por razóns que non veñen ao caso, unha das poucas persoas que escoitara a primeira maqueta de Ataque Escampe Por non ser un avión (2002). Parecéralle unha "puta mierda" e así llo fixo saber a un dos membros do grupo, que á súa vez nolo comunicou a nós. Hoxe, a década remata e as AE tocaremos o xoves en Vigo (18:30) no auditorio do CUVI que leva o seu nome. Quen hostia o ía dicir. Volverémonos a encontrar. El desde o ceo e nós no escenario. Esperemos que esta vez sexa máis benevolente e non pase nada estraño.(O de "puta mierda" seguro que o dicía con cariño, eh.)
5.11.09
Outra vez caldo (reseña d"A grande evasión" en Música ao vivo)
Non queredes máis? Pois tomade outra de caldo. Esta é unha mini-recensión (ou así) que apareceu hai pouco na revista que saca AGADIC.
O rock de serie B dos Ataque Escampe dá o salto definitivo con este traballo bautizado cun aceno ao cine e outro aos Blur. A banda compostelá mantén os seus sinais de identidade (letras magníficas e torrenciais con envoltura acústica e estética sen pretensións) e enriquéceos cun grande traballo de produción por parte de Marcos Payno e Tomás Ageitos. A grande evasión é o seu mellor traballo ata o momento.
Falándomos de repeticións que fartan, institucións e demais é obrigado rematar con este tema de Hidrogenesse, que algún día acabará por facer estourar o reprodutor do carro da nosa ministra de transporte.

Non estamos todas, falta Carmiña Comosemenea...
29.10.09
Arrédate de min, Joe (crítica d"A grande evasión" en Mondosonoro)
Reivindicar la labor de John Sturges, Lee Marvin o Don Siegel, sin duda no es algo habitual, menos aún dentro de la escena musical gallega. Ataque Escampe emprenden un viaje sin retorno hacia la salvaje tradición norteamericana, añadiendo una infalible retranca gallega y encontrando nuevas posibilidades para pulir una propuesta personal por la vía de los itinerarios marcados por John Ford o Sam Peckinpah. Posmodernismo con múltiples referencias a las piezas de choque de un género cinematográfico (y literario) finiquitado hace décadas, pero que se resiste a desaparecer gracias a su profunda influencia en distintas generaciones. Pop gallego en clave western. C.B.
Quinta feira 12 de novembro tocamos ás 18:30 no teatro da Universidade de Vigo... Ahí es ná, Rafa.
E si, gostamos das vaqueradas, que pasa.
Gostamos por exemplo deste tema e sobre todo desta escena que lle serviu a Nacho Vegas (mandarémolo tamén ao paredón?) para dicir en "La pena o la nada":
Y te vi llorar
Un río a cada lado de tu rostro sin desmaquillar
Como la propia Katy Jurado
Con las nubes negras detrás

24.10.09
Crítica de "Galicia es una mierda" en Mondosonoro
A ministra de material e cachibaches de AE vén de atopar nalgún escuro recanto da súa casa unha crítica do "Galicia es una mierda" que xa deramos por perdida. Publicouse na Mondosonoro o ano pasado, en qué mes non recordamos e tampouco importa.A puntuación que nos dá (3 estrelas e media sobre 5) é a mesma que lles concederon hai pouco aos Novedades Carminha, moito máis novos e guapos ca nós.
El humor negrísimo y la retranca galaico-portuguesa les sirven a los de Vista Alegre como revulsivo a la hora de enfrentar este trabajo que provoca sentimientos encontrados desde un primer momento. No dejan títere con cabeza, alusiones a personajes y caracteres tanto gallegos como universales en las que esgrimen reflexiones kamikazes acompañan una música, no olvidemos lo realmente importante, que tanto se asienta en el folk de raíz anglosajona como en las canciones nacidas para cantar en las tascas marineras (SIC): "Quero ser o malo da película" o "Vista Alegre". La grabación cuenta con un par de himnos pedestres tan sencillos como heterodoxos, "A granxa de Alexandre" y "A banda desdenhada". Un paso adelante para una banda que parece haber cuidado al máximo la producción (SIC) introduciendo todo tipo de instrumentos que hace que su propuesta sea aún más alborotadora.
Aai os tempos nos que iamos de malotes. Tamén Alvin Lee é agora vello, aínda que non o creades. Vai a montaxe espectacular do "I'm going home" de Woodstock.
19.10.09
Crítica d"A grande evasión" no Diario de Ferrol
Novidades: A Regueifa. A grande evasión. Ataque Escampe.
Disque no mundo da música está todo inventado, que é moi difícil facer algo realmente orixinal e que todos os novos álbums son copias doutras obras anteriores. Pois iso que llo digan aos composteláns Ataque Escampe, que co seu segundo LP en estudo están a reinventar o rock acústico baixo a etiqueta de “rock de serie B”. Despois do irreverente e novidoso “Galicia es una mierda”, presentan “A grande evasión”, un disco que, sendo fiel ao estilo da banda, presenta unha importante renovación tanto no aspecto musical como no letrístico. Ataque Escampe sempre amosaron a súa vontade de innovar na súa música e non facer produtos repetitivos. En “A grande evasión” aparecen unha batería eléctrica (SIC) e mais uns teclados que no álbum anterior non figuran, o que permite dotar á parte musical dunha maior complexidade.
Este disco, a diferenza de “Galicia es una mierda” ou mesmo daquela primeira maqueta chamada “Ed Wood e a invasión dos paraugas asasinos” ten unhas melodías máis lentas, mesmo melancólicas. No que se refire ás letras, presentan a complexidade á que nos teñen habituados. En cada unha das cancións mestúranse elementos cinematográficos –o propio nome do disco está sacado dun filme de John Sturges–, con elementos da poesía galega ou do teatro. Mesmo fan evocacións a elementos da cultura de masas que marcaron a infancia dos músicos, como o coñecido videoxogo “Super Mario Bros”, que inspira o tema “Sempre nos matan”. “A grande evasión” pódese descargar de balde baixo licenza “copyleft” desde o web da Regueifa Plataforma.
A esta ministra moláballe máis a crítica do Lavesedo, aínda que nos dese algo de caña. De todos os xeitos benvido sexa o pronunciamento.
Para completar o melífluo do post pensaba pór a banda sonora de "La aldea de Arce". Porén, hoxe hai activismos que merecen máis intensamente unha homenaxe, sobre todo cando unha mesma non puido cumprir a causa dunha inoportuna gripe (non sei se A ou simplemente de serie B). Así que me toca, vai un tema dun dos grandes normalizadores do noso idioma, sobre o noso idioma. Minha pátria é minha língua. Livros, discos, vídeos à mancheia. E deixa que digam, que pensem, que falem...
12.10.09
De conversa no furancho, traballando na tarabela
Polo gratificantes que resultaron os acontecementos da pasada semana obsequiaremos as nosas millóns de lectoras cun post retrospectivo, algo no que non nos prodigamos en exceso.
O xoves á noite a delegación compostelá das Ataque Escampe estivo a laretar no Planeta Furancho, a taberna musical que vén de abrir o companheiro Vituco na Radio Galega Música e na que, excepcionalmente, deixan falar de todo a quen por aló fai parada. Mesmo permiten botar unhas pezas se acompaña o ánimo. E hai que dicilo, as reseñadas virtudes escasean agora mesmo neste sector da hostalaría galega.

Podedes deixar caer os cóbados na barra e escoitar polo miúdo o que aquela noite se falou premendo aquí.
(Fe de erros: contra o que sinalou algunha ministra, os Violent Femmes evidentemente SI son ianquis; ademais a definición dada de criptozooloxía non é a mellor, mais bom).
E sábado tivemos bolo no local da asociación Tarabela en Don Ramiro (Lalín). Foi bastante entrañábel porque o público apoiou de principio a fin. Ademais había máis artistas entre o respectábel que no escenario. Isto acontece sempre, mais nesta ocasión era bastante especial. Para dar unha lixeira idea do que alí se cocía, diremos que esta ministra de novas tecnoloxías recorda perfectamente terlle asinado un setlist á mesmísima Chus Pato, imaxe que nin Breton sería quen de suxerir. Logo do concerto saímos pola capital do Deza coa (atenta) xente do Tarabela, entre a que estaban Josóleo dos Motor Perkins e mais Carlos Quintá de Linho do Cuco, quen prometeu enviarnos un pasodoble en galego que podía acaer para o noso directo. Rematamos no último local emulando os bailes de Michael Jackson, xa sen ninguén alleo ao grupo. Nooormal...
Aquí vos deixamos a versión de "Estrela errante" no Planeta Furancho. A ecualización está daquela maneira mais o video ten a súa coña.

regos: AE nos medios, concertos
5.10.09
Ataque Escampe en Planeta Furancho
Sábado tocamos en Lalín. Non será por non anuncialo...
Mais antes, este xoves a partir das 23:00, a delegación "compostelá" de AE estará nas ondas de Planeta Furancho, o novo programa da Radio Galega Música conducido polo companheiro Vituco Neira.
Responderemos con períodos longos e, obviamente, tocaremos un par de temas country.
Subscrever:
Mensagens (Atom)