27.2.08

Galicia es una mierda


Pois aquí o está. E aparece unha entrevista en Vieiros con máis xustificacións.
Ataque Escampe pretende acoller en 47 minutos de musica dispersa e aridez sonora todas as contradicións existentes na Galiza, no mundo e na historia da música. De Manuel Antonio aos Tonechos, de John Wayne a Lenin, e de Neil Young aos Panchos. Aresolución, no mellor dos casos, estará nas orellas d@s que escoiten.Ou non estará…ou será Spam.

SPAM
En Siberia estamos moitos xa por sempre derrotados. Só podemos cantar o branco desta hora, porque ao final de nada serven quilómetros e alcoholímetros, os segundos e os metrónomos, tantos decibelios como pouca a xente, toda esa caterva de desastres técnicos (táboa tras táboa, micro tras micro, resaca tras resaca), e só podemos cantar o branco desta hora na que semella que xa non estrelampará nunca. Porque seguimos no mesmo porto do que partimos, na liña de saída que algún día soñamos que nos había levar ao Tourmalet ou a calquera outro Medulio, mais que cedo descubriremos como o peor dos espellismos, de haberen espellismos nesta salvaxe tundra do cotián.
Hoxe só nos queda Vista Alegre, onde nace e morre toda Compostela. Hoxe só nos queda a seguridade de descoñecer se é ou non a Ruta 66 o mellor camiño para chegar ao Conxo das nosas traxedias sinfónicas. Hoxe só nos fica a cita literaria como un exercicio de decadentismo pretendidamente posmoderno, mentres un aquel de folerpas afganas insisten en nos aseverar que xa non, que desistamos, que non escampará; non mentres as cordas rotas continúen a se mofar da dor que nos provoca a insuficiencia do real, o metal das compañeiras, un dragón asiático, os cubiños de xeo, transparentes coma bumeráns.
Hoxe, como entón, só as pendentes dos pentagramas que non sabemos escribir. A rabia dos concertos nos que non fomos capaces. Os versos que non encabalgamos. Os grafitis que non soubemos ilegalizar: Galicia is diferent. Galicia Calidade. Galiza GAL & CÍA. Galicia is a shit. E, claro, como non podía ser doutro xeito, quédanos tamén (algo é algo) este odioso sentido do humor no que nos refuxiamos da sarabia, e que nos fai dicir, con prosodia de himno e un ridículo sorriso entre os audífonos: Galicia is a shit, but Galicia is not spam.

1- Akira Toriyama
2- A granxa de Alexandre
3- Nadina
4- A banda desdenhada (Entre O Leo e o mamoneo)
5- Serafín
6- I´m not your man
7- Canción para pechar o Ruta
8- Quero ser o malo da película
9- Vista Alegre
10- Arredor da cuestión nacional
11- Galicia es una mierda
12- O longo adeus
13- 3 cantos a Lenin
Ataque Escampe (neste disco) son:
Roi Vidal: percusións, kazoo, labios, lixas, harmónica, coros, recitados.
Marco Gelpi: acordeón, cuncas tibetás, trompeta, xilófono, trombón de serie B, coros.
Samuel Solleiro: violín, guitarras, teclas, coros, asubíos.
Miguel Mosqueira: guitarra acústica, baixo, teclas, tubulares, xilófono, coros, voz en
Canción para pechar o Ruta.
Alex Charlón: voz.
Participaron:
Xoel Méndez: banjo, cuatro.
Paku Granja: coros.
Juan José Carbonell: congas.
Iván Pantín: tuba.
Xoán Lois García: piano, caixa.
Borxa Ínsua: serrucho.

Andrea Zayas (Sacha na Horta) canta en Serafín.
Brais Gutiérrez (Sacha na Horta) toca o acordeón en Serafín.
Xoán Xosé Cruz (Qronopios) toca o clarinete en Arredor da cuestión nacional e A granxa de Alexandre.

Rematado de gravar o 17 de xaneiro de 2008 no estudio Pousada Son (Ames).
Son e mesturas: Yago Pico.
Produción: Ataque Escampe.
Remasterización: Noel Feáns.
Todos os temas compostos por Ataque Escampe.

Ilustración e deseño: Adrián Solleiro
Fotografía: Alba Viñas

Ataque Escampe agradece e saúda: a todas as colaboradoras e colaboradores deste disco; a Noel Feáns; a Benxamín Otero e Iago Mouriño; aO Leo i Arremecághona!!! e Novedades Carminha; a Guezos, Días Descalzos, Susana Pombo, Diskordia e Som do Galpom; a Sacha na Horta, Qronopios e García de Dios Ke Te Crew; á organización e ao público do Utopía Son; aos C. S. Madia Leva (Lugo), A Fouce de Ouro (Bertamiráns), A Casa Encantada (Compostela) e Aturuxo (Boiro); ao Mariñeiro e Lourdes (a señora) de Vista Alegre; a toda a tropa do Cineclube de Compostela; á Semana da Educaçom Critica; a Xoán de Vilaxoán (Caramuxo); a Estevo, Ângelo Pineda, Eva Ferreira, Vítor de Sada, Mario Regueira, Cris Cubeiro, Paula Alexandre, Isaac Lourido, Olalla Barros, Carlos Figueiras, Marcos Abalde, Alba Viñas, Xoán de Xoán e Aarón, Aarón de Xoán e Aarón, Cris Martínez, Iria Veiga, Lorena Souto, David Pobra, Luís González, Nadina Bértolo, Xiana Solla, Francesc Esteve (aínda que agora xa é do grupo), Alba Passionária, Sóñora, Zero Vacas e máis.

Están presentes (e non o saben): David Lean, Pablo Barreiro, John Ford, Alain Badiou, Raymond Chandler, Manuel Lourenzo, Leonard Cohen, Otis Redding, Dean Martin, Alfonso González del Campo, Orson Welles, Méndez Ferrín, Alexander Alexandrov, Clint Eastwood, Dziga Vertov e Santiago Pemán. A PROPIEDADE INTELECTUAL É UN ROUBO.

20 falaron do tempo:

i.c. disse...

"É probábel que non estea dispoñíbel até a tardiña, pero por ir adiantando traballo"

que já está disponível! não vos enterades... :P

(os fans já vamos pola segundo audição)

Arredista disse...

Ja o descarguei agora a escoitalo.
Noraboa polo trabalho e a seguir asi.

Pau disse...

malparits!! Ara em baixo el discu, no treballeu gaire, i que vagi bé.
(deu n'hi dó, deu n'hi dó!)

Anónimo disse...

hai que ver como son estes rapaces modernos e o fraco favor que lle fan á liberazón espiritoal da nosa Terra con este reutórica manuelantoniá... alleeiros, carafio, alleeiros.

Galicia es la más bella, y lo sabeis

R.O.P.

Mario disse...

Vos si que sodes unha puta mierda.

Este-viño disse...

"O longo adeus" no diario cultural... a ver se nos vemos por Pontecaldelas!

saúde e peixe fresco!

Anónimo disse...

...Andrea Zayas... (suspiro)

Asdo. Será-io-fin

Ngulen ai quoc disse...

Fixo-se agardar mas a espera pagou a pena.

Estou no tempo das primeiras escuitas,mas arriscarei-me a dizer que seguedes a seres do melhorzinho do panorama musical galego.

Agardo a presentaçom em Vigo para ver-vos.

Noraboa

http://ngulenaiquoc.blogspot.com/

albagal disse...

Que cousa bonita de disco!

Nótase que o fixestes con anacos do voso interior, xa que sona ao que sodes en esencia.

Que lindas as cancións de amor e de desamor!

En fin, un saúdo da dama que fala e graciñas por incluírme nos agradecementos; non o esperaba e fai ilusión.

Anónimo disse...

Esperaba atoparme cuns paiasos.

Hai moito tempo que non atopaba un disco que me sorprendese tanto.

G R A Z A S

A Raíña Vermella disse...

Parabéns polo discazo, e polo récord de descargas. Case me emociono ao verme nos agradecementos (case). Grazas a vós;)

Anónimo disse...

Rpaces, o certo é que xa nn sei moi ben que dicir. Moitas opinions lin sobre AE, boas e malas e é con estas ultimas coas que estou desgustada, non por que me moleste que á xente non lles guste a vosa música, senon porque a maioria das veces eses suxeitos tratan as vosas letras coma merda e non tenhen ningun problema para expresalo da forma mais vulgar. Suponho que vos a eses individuos non lles dades importancia, eu a nivel persoal tampouco o fago, pero as veces canasan tanto que xa non sabes se ignoralos se, se, se, se nada! pq en realidade non lles podes facer nada!!! so vos podo dicir que grazas por ter fiacado en compostela, grazas pola vosa musica, polas vosas letras cheas de ironia. Galicia es, e seguira á ser, una mierda mentras xente asi poida expresarse como o fai e ainda por arriba sexan tratados de valentes. Moitisima Sorte! (asdo. iogurdefresa)

Anónimo disse...

deuss como me gusta a vosa música, con nadina saíron as bagoas e o sorriso ao mesmo tempo. grzas

Anónimo disse...

Contarvos que hoxe en Sants,arredor dunha mesa de terraza,con faragullas de galletas salgadas e mais bigote de calippo de xeo, fostes pra nós música de fondo.
E que lle queredes se o cable dos altofalantes non daba pra máis.
Agora eu en Poble Sec, boto man do alongador pra que me oiades berrar, COUSA BUNITA!

eue disse...

Co Tango do Sintasol, sen disco e sen coñecervos, nas Crechas, pensei: carallo, aquí hai algo. Con I will turn achei: raio, son coma os Pistols. Con Nadina a cousa confírmase: por máis que vos coñeza, sodes a cousa máis sorprendente e inspiradora que me chegou aos oídos nestes últimos anos.

Xenialidade tras xenialidade.

Seguide así

Ghanito disse...

Podíades subir os vosos temas ó lastfm. Xa sei que están na Regueifa, porén é de balde e igual lle coincide atoparvos alí a alguén de fora.

Parabéns polo disco, desfruto cada día mais coa vosa música (da merda?).

Unha aperta!

Anónimo disse...

Olá moços! tou no choio escoitando-vos de fondo e com um sorriso nos beiços.
Se o primeiro disco estaba guay com este arrasades (nom sei de qual gosto mais akira, nadina, serafín)e se o vinho do Rosal é medicinal o de Vistalegre nom sei que terá.
Parabéns!tou desejando o directo.
Saúdos desde Mondonhedo dumha das hortas.

joao disse...

Realmente chulo!

Da gusto ver que aqui tamén se pode facer cousa chula, con retranca, malahostia e corazón.

CAnto ´mais se escoita, mellor soa.

Coincido con eue, Nadiña é bestialmente .

Aúpa, a ver se mantedes o listón, ou a tranca, ou a retranca

bequitype disse...

É, realmente, um disquinho de merda.

anaidotrasno disse...

Aqui tendes os comentarios de algúns dos membros de Fillos.org

http://www.fillos.org/galicia/index.php?name=PNphpBB2&file=viewtopic&t=2839

Pola miña parte, un traballo inmellorable. Dende o Sábado que a escoitei teño metida na cachola, Galicia es una mierda...

Enviar um comentário