Marcha o Paq de Vista Alegre. Os ventos da emigración arrástrano cara os Països Catalans. Máis unha vez, como a tanta outra xente. No concerto de Salvaterra tentamos en van que renunciase ao seu errado propósito: convidámolo a cuncas extra-grandes por vermos se se lle mollaban os ollos coma nos vellos tempos, e mesmo fixemos que o público corease "Els segadors", na máis galega das versións. Mais a determinación do emigrante está feita de aceiro, o aceiro do barco que racha a xerfa do mar.
Ha voltar algún día para facer chorar o seu acordeón nunha noite sen estrelas, e tamén nalgún tristeiro estudio de gravación onde as Ataque Escampe, todas xuntas, sairán á procura de novos horizontes, de vellas aventuras, de emigracións voluntarias.
nom houvo músico melhor em AE. essa serenidade, esse temple, esse seny... e o contoneo de cadeiras quando tocava o acordeom de pé.
ResponderEliminardim que os que se vam som sempre os melhores, mas esta vez é certo!
fermosa, merecida e emocionante a homenage que rendeu o grupo.
e nom será o momento de integrar presença feminina no grupo?
totalmente de acordo coas tres primeiras afirmacións.
ResponderEliminare ademais de seny, contaxiouse da retranca e dos xogos de palabras. unha noite soltoulle a alguén: non acabarás con esa Barbie, nunca serás Ken.
do outro, xa vemos como circula a información... pero a ver...
ei, a minha sugestom de incorporar presença feminina nom se baseaba em nengumha informaçom prévia, dixe-no por dizer e para questionar a masculinidade do grupo (que registra níveis moi altos, por certo...)
ResponderEliminarby the shadow!
unha aperta Paq; un pracer
ResponderEliminarcomo diría alguén...
ResponderEliminarAE é un campo de nabos!!!
Imos montar un grupo de ex-galegos emigrantes,mais dos que protestan.
ResponderEliminarSobramos galegos en Barcelona(e en tantos sitios).O día que queramos voltar todos xa non cabemos...
Voa,anduriña,voa...