15.11.08

TORTA DE SANTIAGO


A Xira Invención da Pólvora 2008 deu en ser unha copiosa enchente na que houbo de todo: cuberterías rotas, pratos fortes e simples entrantes, ensaladas de hostias e brindes colectivos... Toca agora sorprendermos os comensais cunha sobremesa que non vai desmerecer, porque podedes repetir torta de Santiago tantas veces como queirades:

-20 de novembro: XX aniversario de Galiza Nova. Praza de Mazarelos. Con Ruxe-Ruxe.

-4 de decembro: homenaxe a Voces Ceibes. Facultade de Medicina.

-6 de decembro: I Foro Social Galego. Gentalha do Pichel. Con Sacha Na Horta.

-17 de decembro: concerto de despedida da xira.

E pouco despois convidarémosvos a tod@s a cinco chupitos na zona nova compostelá, que a temos olvidada. Palabra (da palabra).

9 falaron do tempo:

Anónimo disse...

Imos fartar con tanta torta, mais mellor comer ata fartar que quedarse coas ganas!!!
O concerto de mazarelos será mellor que o de hai uns cantos anos??
Esperando AtaQueEscampe!!

Este-viño disse...

November 02.
6 anos do Prestige, e 6 anos do concerto de Mazarelos...
Time goes by... so quickly

Anónimo disse...

o de hai uns anos foi un desconcerto, ás seis das mañá e cocidiñas de todo... esperemos q sexa mellor...

m.n.t.

Anónimo disse...

e onde sera o concerto de despedida da xira??

Anónimo disse...

E pq ides ao foro e non á nasa, o mesmo día e á mesma hora, casi? Por pasta? Heheh. Non podedes tocar nos dous, como fai L. ás veces.. Haberá cervexas de balde en español como no subvencionado do vrán? Non creo, hom!

AE es una mierda!

Ighual nos vemos un ano destes sen cocer os miolos.

A chave está aí no sitio e as ideas onde ficaron? :P

Unha aperta dende o muro de Berlín destrozado..

b.

m.n.t. disse...

non permiten a esta ministra desvelar datos da despedida.

Anónimo disse...

Mmm....

Interesante....

Discreción, intereses, realidades familiares, capital?,
represión,
subvención,
accidente, perdón,
non son culpábel,
todo rima con camión,

e un feixe de cancións ou poemas de serie peor que b. musicados con arrecendo á tradición e fusión. estúpida linguaxe retórica mal empregada. é a lingua do pobo con erros e eivas que debemos correxir xa nas causas galizas e non noutras.

É así por sistema, de verdade sabedes se subides ou baixades? Hehe, é broma)

Sentimentos, sensiblidade, tortura. Violencia machista. Pasividade social, arredor da cuestión..

Pagar por non falar?
pero a min non me calarán!

o falar non ten cancelas e as verbas lévaas o vento,

a meniña que non sabe escribir, nen tocar a ghuitarra, nen pintar, pero sabe outras cousas: compromiso, nación, lingua, acción, historia(quédame tanto por aprender) ...

Saúde revolucionaria e que voltem a casa!

Anónimo disse...

Ostia, ten razón a tola esa, agora sodes do BNG?

Pepa da Ribeira

AmilGZ disse...

Quem vos manda serdes os primeiros em tocar na festa de Galiza Nova? Cheguei um chisco tarde e já nom vos pudem ver! Que injustiça!

Enviar um comentário