A poucas horas do acto, as Ataque Escampe confirmamos publicamente unha decisión que viñamos considerando desde onte: non participaremos na homenaxe a Voces Ceibes que terá lugar esta tarde na USC. Unha serie de malentendidos coa organización (non sabiamos da colaboración no evento da Fundación 10 de Marzo que depende do sindicato CCOO; eramos o único grupo participante) e o coñecemento do altísimo grao de institucionalización que terá o acto, fixéronnos tomar esta decisión talvez precipitada. As Ataque Escampe nunca nos sentimos cómodas entre fastos e persoeiros, e estes sen dúbida non habían sentirse moito mellor escoitándonos a nós. Así, POR COHERENCIA COA NOSA FORMA DE PENSAR E DE ENTENDER A MÚSICA, ATAQUE ESCAMPE NON ACUDIREMOS Á HOMENAXE. Mais queremos deixar constancia de que A NOSA DECISIÓN NON QUERE IMPLICAR EN NINGÚN CASO UN AGRAVIO CARA O COLECTIVO VOCES CEIBES, polo que sentimos un profundo respecto.Nós non venceremos. E a moita honra.
E lembrade, o sábado na Gentalha!


18 falaron do tempo:
acho que é umha decisom que vos honra. procurar a coerência é um caminho difícil, complexo. sobretodo num pais subnormal.
abraços, ae.
Saúdos e parabéns pola coherencia
noraboa por iso
Vale, cada toca onde lle peta, pero tamén vos poderiades ter informado un chisco antes de dicir que si. Supoño que os da organización e aos de Voces Ceibe faralles puta gracia. E xa postos, neste país hai cousas ben peores que Comisións Obreiras, incluída a Xunta de Galicia, ou non?
Vale, cada toca onde lle peta, pero tamén vos poderiades ter informado un chisco antes de dicir que si. Supoño que os da organización e aos de Voces Ceibe faralles puta gracia. E xa postos, neste país hai cousas ben peores que Comisións Obreiras, incluída a Xunta de Galicia/Consellería de Cultura; pero con eses vale colaborar, ou non?
Bueno, paréceme ben a non participación, pero é público e notorio que membros de Voces Ceibes como Benedicto militaron toda a vida en CCOO; outros como Rojo estiveron co PSOE... E home, tampouco creo que CCOO sexa o "bicho"...
Estou de acordo com a vossa decisom, mas... é a segunda vez que vos vou ver e nom vos vejo! A este passo jamais vos verei em directo!
Hai algo que me estou perdendo? Cadaquén ten todo o dereito de dicir que non toca, pero que ten que ver Comisións Obreiras con todo iso?
C C O O sindicato ... (ánimo só ten tres sílabas e é aguda).
Noraboa, e non deixedes que a esquerda de salón (a que nunca padeceu as barrabasadas destes ou a mesma que pactou con Senén no goberno da USC) vos faga dubidar da vosa coherencia. Vémonos o sábado!!!
a fundación 10 de marzo é comisións sr. cesare
Si, ata aí chego... O que non sei é que ten que ver Comisións con deixar de actuar...
CCOO
1. Subs. masc. sing.: Bazofia españolista pactista vendida ao mellor postor.
Consellería de Cultura
1.xx.ii.bb. que nos vende ao postor que mellor lle veña.
Antes a Fundación Dez de Marzo que Galiza Nova, sen ningunha dúbida.
Claro, é que ir á homenaxe i explicar porque non vos fai gracia tocar nun acto coma ese, pero que como xa vos comprometerades a facelo, e por respeto a Voces Cebes actuaredes igual.. non sería suficientemente Cool. E co "Perderemos nos" poñedevos por enriba de todo e de todos.. si é que sodes tan guais......
Ben por vos.
Só un apunte: os espiritos 'ideoloxicamente puros' deixan pasar os días sen facer NADA.
amil, á terceira irá a vencida, saúdos.
a min o que me parece fatal é que vos aproveitedes de comisións obreras para agochar que Roi caeu dun cocoteiro.
anónimo "Cool", molas mazo
Comisións Obreiras é un sindicato tan pactista como a CIG. En cantos convenios colectivos andan da man A CIG (sindicato do BNG) e a UGT (sindicato do PSOE)?
Desde logo é máis doado chamar "español" a CCOO (apesar de que en Galiza se chama SINDICATO NACIONAL de Comisións Obreiras ou na Cataluña Comissió Obrera NACIONAL de Catalunya) do que á CIG...
Mira que sodes sectarios... Se fósedes xente honesta poríades riba da mesa o que leva feito a CIG (alén da ideoloxía teórica, que a teoría non interesa a ninguén), o que leva feito CCOO e o que leva feito a UGT.
Só un dato: a CIG non ten convenio colectivo para o seu persoal asalariado (si, a CIG é unha puta empresa, con asalariados, igual que CCOO e UGT). Mal exemplo logo para esixir convenios noutras empresas.
Non sei se sodes só uns desinformados ou uns inocentiños, pero con Voces Ceibes, coa organización e cos que esperabamos vervos alí quedastes como uns maleducados porque, de non irdes, polo menos ter avisado o día antes e non a poucas horas da homenaxe. E por falta de información non sería, que o cartaz levaba na rede bastante tempo.
Enviar um comentário