Xa está aquí Galicia es una fiesta (Ataque Escampe meets Dr.Painkiller), o novo experimento sonoro da sociedade AE-Payno, que se manterá no vindeiro disco longo. Podedes descargar de balde o EP ao completo dende A Regueifa Plataforma.
1. Anakiro Toriyama
2. 3 bailes con Lenin
3. Galicia es una fiesta
4. Nadina en Bristol
5. Canción para pechar a parte de abaixo do Ruta
Manu Payno: Trompeta en "3 bailes con Lenin".
Álex Salgueiro: Melódica en "Anakiro Toriyama" e pianos en "3 bailes con Lenin".
Tomás Ageitos: Mesturas e masterización.
Marcos Payno aka Dr. Painkiller: Produción e mesturas.
PÉS QUE VOAN
Coñecemos o asasino en serie no máis inseguro dos lugares, entre trompetas celestes e respiracións nocturnas. Descubrimos alí que a merda tamén pode ser resplandecente coma xilófonos de cores e que o ritmo non se leva no sangue, senón nun maletín secreto e metalizado. Daquela demos en nos mergullar no sonoro do profundo, no reino onde impera esa bola que todo o mundo invoca (alí onde os ollos non repousan nunca). Agora gastamos a pista do asfalto e da humidade co dinamismo que nos roubara a adolescencia, seguimos perdendo mais coa convicción de irmos gañando. A pólvora fica mollada coa suor das palabras.
Mais the show must go on!! Galiza remixada con scrachtes. Let’s move our asses!! Enchoupados na miseria da vida, para así, por fin e dunha vez por todas, sermos quen de voar co pés. It’s the party shit! In the party, ti. Cada día máis linda e máis flow. 6 por 8 cantos latexos son?


