25.5.09

A grande evasión

A partir de hoxe mesmo poderedes descargar de balde o novo disco das AE. Como sempre, dende A Regueifa Plataforma. Tamén é noviño do trinque o videoclip de Criptozooloxía aplicada, obra de Alba Viñas e Rafa Pazos.

PORQUE EXISTE O MUNDO E PODE SER DE TODAS...

Despois de Galicia es una mierda, Ataque Escampe emprende, neste seu segundo disco, a aventura de construír unha epopea: fuxir da prisión para regresar novamente a ela.

Teñan o valor de deixarse levar e acompañar ao grupo nesta longa singradura polas melodías da evasión. De certo que acadarán os lugares máis xélidos e afastados, coñecerán as especies imposíbeis e verán solpores que nunca existirán. E perdan coidado polo seu posto de traballo estábel e remunerado, alí onde irán non o han necesitar.

Leven, iso si, unha grande mala, pois estas historias son coma souvenirs: pequenas e baratas na súa extensión, mais enormes ao nos transportaren ao lugar máis inseguro, capitais a arder de ruído, continentes especiais, espaciais. E lembre, o seu camarote está nas orellas, pécheas se non quere que lle rouben algún obxecto valioso.

Ladies and gentlemen, tomen asento, pechen os ollos e vaian quentando os pés. Come fly with us.


A aventura pode comezar.



AE (neste disco) somos:


Álex Charlón [voz, coros]

Marco Gelpi [guitarra eléctrica]

Miguel Mosqueira [guitarras, baixo, coros, voz]

Samuel Solleiro [banjo, guitarras, slide, xilófono, coros]

Roi Vidal [batería electrónica, kazoo, coros]

Xoán Lois G. Carlín [piano, teclados, sintetizadores]

Francesc "Paq" Esteve[acordeón]


Coa colaboración especial de:


Luís Garrido [saxo alto en “No estómago dun crocodilo"]

Roi Do forno [violín en “Europa e o ballet”]

Manu Payno [trompeta en “Non hai lúa”]


Gravouse no Home Studio do Edificio Avante (Santiago de Compostela) durante o mes de marzo e foi mesturado e masterizado en abril de 2009.


Gravación: Marcos Payno e Tomás Axeitos.

Mesturas: Tomás Axeitos e Marcos Payno.

Masterización: "Chou"


Fotografía: Alba Viñas.

Deseño gráfico: X.Carlos Hidalgo.


Acompañáronnos nesta grande excursión (sen sabelo): John Sturges, María do Cebreiro, Don Siegel, John Huston, Walter Winser, Lonnie Chatron, Antonio Molina, The Mamas & the Papas, Koji Kondo, María Lado, Lee Marvin, The Beatles, Raoul Walsh, Amélie Nothomb, David Lean, Neil Young, Andrés Do barro, Sr. Chinarro, The Shadows e Jacques Cousteau. Elas e eles saberán disimular. A PROPIEDADE INTELECTUAL É UN ROUBO.


Obrigadas a toda a xente que nos quere, xuntas ou por separado.


PRODUCIDO E PERPETRADO POR ATAQUE ESCAMPE.
((Actualización: O máster do disco enguliuno o can de Marco. Segundo a devandita Ministra de Material de AE, os seus ciclos de defecación non soen alongarse no tempo. Non cómpre subministrarlle laxantes pois está aqueixado do corazón. Calculamos que mañá o recuperaremos e que o poderedes descargar.
Saúdos, esperamos que entendades os motivos e desculpedes as molestias.
m.n.t.))
((Actualización 2: Xa quedou a gusto o canciño.))

20 FALARON DO TEMPO:

  1. pois si que está evadido o disco, si.

    a ver ostia, hai que publicar en horario de descarga para os primitivos sen interné na casa.

    repetimos: a ver, hostia!

    ResponderEliminar
  2. vale, o videoclip serviunos de aperitivo, pero queremo-lo disco XA!

    que levamos toda a finde viciándonos ás cancións do myspace

    ResponderEliminar
  3. Can de Marco25 Maio, 2009

    hoxe para comer tiña para escoller A grande Evasión ou un disco de Santi Santos en solitario...E escollín o que mellor cheiraba.
    Saúde canina.

    ResponderEliminar
  4. En defensa da Regueifa teño que dicer que houbo certa descoordenación entre os grandes evadidos xa que ainda mandaron o material que faltaba onte, luns, sendo imposible que saia o mesmo día

    ResponderEliminar
  5. Rei do Porno26 Maio, 2009

    Que ben, sei toca-lo violín-espectro e eu non o sabía. Gracias AE!!!

    ResponderEliminar
  6. E xa está publicado: http://aregueifanetlabel.blogspot.com/2009/05/ataque-escampe-grande-evasion-2009.html

    8)

    ResponderEliminar
  7. Oian, na canción 18 («Non hai lúa»), a partir dos 3:15 (e ata o final) non se escoita nada. Supoño que non é unha licencia poética, porque é no medio da melodía e é un minuto e pico. Dadaísmo sí, pero «bien entendido». Podía mirar niso?

    ResponderEliminar
  8. Boas a todas.

    A canción Non hai lúa si está cortada mais en breve estará colgada a versión boa.

    Á Regueifa e á xente que protestou dicirlles que obviamente nós somos as únicas culpábeis do retraso. Debe ser materialmente imposíbel xuntar tanto material cando se manda o mesmo día (de todos xeitos esta ministra non foi o animaliño que deu o contrasinal do media fire ás 12:20 da mañá!)A escusa barata do can de Marco era un chascarrillo co que tentar salvarmos o cu.

    Como en todas as cousas do rock de serie B, anotamos e aprendemos para a próxima ocasión.

    E Rei, e logo non che mola ese toque espectral do Harvest?

    ResponderEliminar
  9. O do corte de "Non hai lúa" xa está solucionado. Os que o baixarades coa versión escarallada que saibades que tedes a típica rareza de coleccionista que algun dia valerá moita pasta en Ebay ;-)

    ResponderEliminar
  10. Confirmo a completitud de «Non hai lúa». Moitas grazas pola presteza na resposta!

    ResponderEliminar
  11. E logo cando nos ides a regalar unhas copias do disco físico?

    ResponderEliminar
  12. Posavasos haberá coma sempre de balde para toda a xente q colaborou (e que nos gravou). Será cousa de tres semanas que saia a edición física, tamén para o resto dos mortais que teñan que "apoquinar". Boeno, tres semanas se non se mete algún dos nosos cancodrilos polo meio.

    O deseño gráfico corre a cargo de X.C. Hidalgo e está chachipiruli, veredes.

    ResponderEliminar
  13. Rei do Porno26 Maio, 2009

    Mólame, MNT , mólame.Unha mágoa non sair sair máis que nese tema. Para a próxima será camaradas.

    ResponderEliminar
  14. Noraboa, um discazo dende que o descarreguei onte a tarde já o escoitei um par de veces e so me queda felicitarvos.
    Agora vervos em directo coa criatura nas mans jejejejeje.

    ResponderEliminar
  15. Que marabilha de disco!Cada dia sodes mais (como no Xabarim clube) e melhores!Avante rapaces a rular polo pais adiante deleitando-nos!

    ResponderEliminar
  16. Recomendo presentar o da Criptozooloxía ao apologhit. Quedou un temón poppi ben resultón. Máis alá do formato físico, quedouvos un disco redondo.

    ResponderEliminar
  17. Unha obra maestra, un disco fantástico. Indescriptible a combinación A Grande Evasión-Europa e o Ballet. De verdade non teño palabras. É demasiado bon, espero que cheguedes ás estrelas con este discazo.

    Apertas

    ResponderEliminar
  18. obrigadas polos parabéns e piropos varios.

    home estevo, nós non temos ningún tema do verán nin intención de volver competir no a polo ghit.

    non somos coma eses paul á sombra, que seica volveron refacer o grupo (disque agora son máis) e que se van volver presentar coas ideas renovadas e coa firme intención de gañar. pringaooos!

    ResponderEliminar