Alá polo principio desta década Vidal Bolaño fora, por razóns que non veñen ao caso, unha das poucas persoas que escoitara a primeira maqueta de Ataque Escampe Por non ser un avión (2002). Parecéralle unha "puta mierda" e así llo fixo saber a un dos membros do grupo, que á súa vez nolo comunicou a nós. Hoxe, a década remata e as AE tocaremos o xoves en Vigo (18:30) no auditorio do CUVI que leva o seu nome. Quen hostia o ía dicir. Volverémonos a encontrar. El desde o ceo e nós no escenario. Esperemos que esta vez sexa máis benevolente e non pase nada estraño.(O de "puta mierda" seguro que o dicía con cariño, eh.)


2 falaron do tempo:
por vezes, mesmo parece que sejades persoas humanas...
Aínda que sexa por razons que non veñen o caso ... Bon home,este paisano !.
Seguro que está a rirse de vos cariñosamente,dende a súa atalalla.
Os meus respetos.
Enviar um comentário