As Ataque Escampe volvemos solicitar a colaboración das nosas amigas, seareiras e simples ouvintes, nesta ocasión co gallo de procurarmos a mellor capa para o noso próximo disco en edición física (cuxo nome non imos publicar por agora). Como somos así de orixinais, queremos que a portada consista no seguinte: unha fotografía dunha nena ou neno de entre, digamos, 1 e 10 anos, celebrando o seu aniversario (diante da torta de aniversario, soprando as velas, etc.) rodeado, de ser posíbel, de persoas adultas felices e encantadas da vida.
Como nós non temos descendencia e eramos insultantemente feas de pequenas (até aproximadamente os 25 anos), non dispomos dunha fotografía así. Pero cónstanos que case todo o mundo atesoura este tipo de documentos. Por iso procedemos a convocar o I PREMIO GALEGO DE FOTOGRAFÍA DE SERIE B. Se aspirades a esa doce sensación de fama infantil da que nunca gozastes de pequenas, dámosvos a oportunidade de volver atrás no tempo e convertervos retroactivamente nas nenas que todas as galegas de ben quererían para si. O premio rexerase polas seguintes bases:
1ª As persoas que desexen participar poderán enviar fotografías escaneadas dos seus aniversarios entre as idades antes citadas (de 1 a 10) ao enderezo ataqueescampe@gmail.com antes do 31 de decembro de 2010.
2ª Admitiranse fotografías de todas as persoas que desexen participar, independentemente do seu sexo e a súa adscrición étnica. Porén, é imprescindíbel que as fotografías sexan auténticas e non tiradas de internet (pensade que as crianzas que aparezan non poden seguir sendo menores de idade no momento do peche do prazo, porque cumpriría o permiso das nais e sería un cristo). Tamén se valorará positivamente a alta resolución dos arquivos que enviedes.
3ª Cada participante poderá enviar cantas fotos desexe. Poderá igualmente indicar se, no caso de a súa foto resultar escollida, desexa ou non que o seu nome se dea a coñecer na internet e nos créditos no disco. A nós, evidentemente, dános igual.
4ª A propietaria ou protagonista da foto seleccionada será agasallada, para alén da mencionada fama, coa discografía completa de Ataque Escampe, incluídas tres copias do novo disco para repartir entre as amigas, así como dúas chapas de Galicia es una mierda e unha camisola d'A grande evasión (a escoller de entre as tallas e cores dispoñíbeis).
5ª O ditame corresponde aos membros do grupo, que poderán solicitar o asesoramento de persoas profesionais na materia. Pode, madia leva, ficar deserto, pero esperamos que iso non pase.
Agardamos polas vosas achegas... e moita sorte!!
E quen carallo quere saír na portada dun disco festexando o seu aniversario rodeado da súa xente?
ResponderEliminarFoisevos a olla, pero sempre hai un roto pa un descosido! hehe! Competir por isto é pouco de serie B. Pode que A, ou C...pero B non é. Creo eu humildemente.
orixinais orixinais....non sei.
Pero boa sorte!
Podémonos presentar os ratos (fumadores)?
ResponderEliminarhumilde anónim@, unha foto vella para utilizar nun produto artístico non creo que sexa nada do outro mundo... hai fotos de todo quisqui na internet, e nas situacións máis diversas! e teres sido cativiñ@ e contar con amig@s ou achegad@s que asisten a unha festa de aniversario aínda non está penado legalmente, nin marcado a nivel social ; ) se te refires á intimidade afectiva ou algo así, ninguén vai descubrir noutra persoa un acto sacro nin especialísimo (e máxime cando podemos preservar a identidade da xente!) ; ) non ten ferro ningún, o asunto. saúde!
ResponderEliminarrato, se @ nen@ sae fumando difícil que esa poida ser a portada xD. a idea é que a imaxe sexa máis ou menos entrañábel... saúde tamén!
visca el barça!!
He!
ResponderEliminarNon sei moi ben por onde van os tiros, só apuntar, tamén humildemente, hehe que non concordo moito ca ministra en relación ó exposto da intimidade afectiva. O de sacro ou especialísimo non soa moi ben. Hai momentos pequenos, grandes, teus e propios. Ben é certo o que se fala, a rede está chea deles. A cuestión non vai pola legalidade ou as marcas socias. As persoas deciden para elas o que expor significa. Se existe un premio para este tipo de fotografías e a xente participa, Avante!! Mais ferro ter ten.Ademais sempre é un bo medio de promoción dende os inicios. Sorte!! Agardamos o novo disco, que digo eu que trala capa haberá algunha cousa :P
aumentade os prazo uns dias
ResponderEliminar