Hoxe en día sairías á rúa co torso ao descuberto antes que cun xersei azul... Picariño!
As ministras vimos de decidir que temos que predicar co exemplo para animar á participación no
I PREMIO GALEGO DE FOTOGRAFÍA DE SERIE B. Aínda que nos congratulamos polo número de fotos recibidas (máis que razoable para esta altura) somos ambiciosas e procuramos un corpus amplo que nos faga romper un chisco a cabeza coa decisión final. Por iso, e fóra de concurso, estreamos con esta instantánea a serie de posts "AnivErsarios", coa que nos vindeiros días iremos achegando unha imaxe de cada membro de AE nos cumpreanos dos terríbeis oitenta.
Obrigadas a toda a xente que xa enviou fotos.
E quen non enviastes aínda: estades a tempo de ser a imaxe do primeiro disco de rock & soul galego.