24.2.11

"O longo adeus Producións" e entrevista en Culturagalega.org

Agora que as Ataque Escampe estamos emancipadas acordamos que é o momento de asinar as nosas producións (sempre foron nosas pero desta vez sentímolas máis). Ímolo facer baixo o título "O longo adeus" roubado, tempo atrás, ao tío Chandler, e temos o pracer de vos presentar o logótipo, para cuxa elaboración agradecemos a inestimábel colaboración de Nadina Bértolo.

Desta emancipación, como oportunidade brindada polo feito de decrecermos, fala a ministra Mosqueira nunha entrevista publicada a pasada semana no portal Culturagalega.org.

Máis no próximo programa!

1 FALARON DO TEMPO: