As Ataque Escampe vimos de rematar a gravación do novo disco en Abrigueiro. Andamos agora ultimando as pequenas colaboracións doutra xente amiga e tamén os samplers de filmes marca da casa. Destes últimos temos un corpus amplo e engrazado, mais hai que facer poda porque desta vez son "só" dez temas... Pero dez intensos, eh? Amais hai unanimidade no grupo á hora de afirmar que as letras son de longo as mellores que fixemos.
Entre luns e mércores da semana vindeira toca mesturar e masterizar con Arturo Vaquero.
Por outra parte Ataque Escampe Trío repetirá a fórmula do concerto de Aldán -dúas guitarras, harmónica e voz- para adiantar algunhas cancións de "Violentos anos dez" e revisitar outras vellas este venres 18 no Bar As Dúas (Compostela), na clausura das II Jornadas galego portuguesas de ediçao independente. En breve informaremos de máis bolos.
Xa falta nada para a nova intentona das Ataque Escampe de resucitar a Rimbaud...
0 FALARON DO TEMPO:
Enviar um comentário