Obrigadas máis unha vez ao público que se deu cita no Avante o mércores no Avante. Ficamos contentas en bastantes aspectos, e tomamos nota do que aínda pode mellorar. E obrigadas tamén a Suso e a Payno, claro.
Mañá sábado 2 vai chover a eito. É unha boa ocasión para ficardes na casa (con) Ataque Escampe. Imos estar ás 20:30 no AchegARTE respondendo ás vosas preguntas sobre o novo disco ou o que queirades (admítense cuestións sobre a vida sentimental de Novedades Carminha, por exemplo). Podedes seguir tamaño acontecemento en vista streaming desde as páxinas desta feira cultural, onde aparecen máis datos e instrucións: http://acorunacultura.org/2011/04/01/chat-ao-vivo-cara-a-cara-mesas-de-debate-e-encontros-sectoriais-no-achegarte-2011/
Do disco só faltan as copias físicas por chegar. Vai ver a luz desta década cruel na última semana de abril. Por certo que o facebook xa loce a nova foto oficial...
Máis nos vindeiros días, estade atentas.
0 FALARON DO TEMPO:
Enviar um comentário