18.5.11

Estonia e a entrevista no Diario Cultural

As estonias, como as galegas, saberían entender que no último concerto de Compostela non se deron as circunstancias técnicas necesarias para un directo que aspirase a algo máis que amenizar unha comuñón. E xa se vía vir co grupo que nos precedía... En fin, puido deberse a un malentendido coa organización (amiga antes, durante e despois) canto ás condicións de son, mais en calquera caso nós non ensaiamos para "iso". En Melide toca revancha.

Mais as estonias, como as galegas ou iso esperamos, poden conectar con discos feitos en idioma galego. Unha en concreto escribiu un post no seu blogue "Recent music heroes" sobre Violentos anos dez.

E máis entrevistas. Durante esta semana podedes escoitar nesta ligazón a que nos fixeron no Diario Cultural da Radio Galega. A partir do minuto 37.

Deixámosvos con máis música negra, que sabemos que gostades. Obrigadas a Carlos de Linho do Cuco polos inquietos xoguetes rotos que nos emprestou para o segundo corte do disco.

2 FALARON DO TEMPO:

  1. as negras somos a ostia e a zanfona segue a triunfar en mali, brasil e na casa do tio tom de nova orleans.

    parabens polo novo disco.

    xandra

    ResponderEliminar
  2. obrigadas, xandra. as negras temos que facer algo, está claro.

    ResponderEliminar