30.5.11

Máis datas na axenda e entrevista en "Entérate"

Este sábado cruzamos o atlántico por segunda vez para tocar na Illa de Arousa (O con do moucho, 23:30).

Ás vellas datas de concertos que vos facilitaramos sumamos agora outras. Malia non termos o disco físico aínda, podedes beneficiarvos nos locais da entrada especial de dez euros que inclúe o CD: deixades os vosos datos na sala correspondente e nun breve prazo poderedes recollelo alí mesmo. Así as cousas este é o calendario inmediato:

-4 de xuño. A ILLA DE AROUSA. O con do moucho. Con entrada.
-10 de xuño. LUGO. Sala Doble Moral. Con entrada.
-24 de xuño. VIGO. Café Uf. Con entrada.
-1 de xullo. TEO. Campo da festa de Calo. Canda GalegoZ, Novedades Carminha e Medomedá. De balde.
-3 de xullo. Festas de BOIRO. C.S.Aturuxo. De balde.
-9 de xullo. FERROL. Sala Super 8. Con entrada.

Vén de ser publicada unha entrevista na páxina "Entérate" a cargo de estudantes de Comunicación. Versa entroutras cousas sobre o movemento bravú, e no medio das referencias e os mitos vivintes de Reixa e Souto andamos nós deslucindo o conxunto. Podedes ler a nosa entrevista e acceder á ligazón das outras dúas aquí.

0 FALARON DO TEMPO:

Enviar um comentário