Logo da final da Champions podedes acudir ao concerto das AE en Melide para celebrar ou esquecer o resultado, ou mellor aínda, amosarvos indiferentes (adiante coas equipas galegas: na segunda e na segunda rexional). Este sábado contra a medianoite no Pub Gatos.
Deixámosvos aquí o encontro "a tres bandas" organizado por Komunikando e o Novas, no que se debateu sobre as perspectivas e o futuro da música galega. Non se deron moitas solucións, mais si que se atinou co diagnóstico. Participaron a nosa ministra Mosqueira, Martin Wu (The Homens) e Davide Seném (ex-Xenreira). Por certo que AE non somos necesariamente isolacionistas, como pode parecer ao final.
Ánimo a toda a xente de ben. No XIX estabamos peor, moito peor.

0 FALARON DO TEMPO:
Enviar um comentário