Ataque Escampe regresamos ao Uf este venres. Posibelmente nunca teriamos sacado tres discos físicos de non cruzarse na nosa traxectoria certo público, certo xurado e certo local. Dixemos.
De novo unha boa ocasión para vos facer co disco físico a un prezo case regalado. Nas tendas que vos adiantamos a semana pasada xa está dispoñíbel, mais por motivos obvios non podemos ser tan xenerosas como nos locais.
Curiosamente a primeira vez que tocamos no Uf foinos tan gratificante que alguén citou na súa efusión, e nunha homenaxe espontánea e desvergonzada, a un célebre saxofonista. Isto quedou rexistrado, aínda máis desvergonzadamente, na CARA B do Ed Wood... Pois ben, desde o domingo sábese que "Big Man" deixou de respirar/soprar e que non se vai reunir máis a E-Street Band. Menos mal que nós si podemos vivir sen kazoo, que non é o mesmo que sen Roi Vidal, que segue vivo malia a súa canción...

0 FALARON DO TEMPO:
Enviar um comentário