Desde este venres 17 poderedes conseguir as edicións físicas de "Violentos anos dez" en diferentes puntos de venda de Compostela, Vigo e A Coruña que en nada faremos públicos. Nas próximas semanas irán aumentando as localidades onde poder facervos cos discos. Tamén e como xa é habitual, podedes solicitar o seu envío desde A Regueifa Tenda.
Lembrade que nestas edicións está incluído o tema "Roi Vidal", un exercicio interminábel de música e composición freestyle, que supón un interesante documento sobre como se xestan algunhas cancións en AE.
A semana pasada entrevistaron á ministra Solleiro no programa Intangible 23 de Canarias Ahora Radio, adicado ás músicas con licenza Creative Commons.
0 FALARON DO TEMPO:
Enviar um comentário