27.6.11

Uf!! Regueira, Galeano, Teo, Boiro...



Toca un post sobrecargado. Xoves estivemos na Coruña e sen previo aviso as de Ataque Escampe Trío, botándolle unhas pezas no Patachim para acompañar a Mario Regueira na presentación do seu recomendable libro Lois Pereiro. Unha persecución e na sardiñada postpunk que seguiu. A foto é desa pequena actuación e tomámola, sen permiso, do twitter de Leirado.

Venres reencontrámonos en Vigo co público do Uf, que xa adxectivamos o suficiente no directo (non se vaia empachar). Amais deixamos no local máis discos por se alguén non o conseguiu aínda.

A semana pasada tamén, algunhas das nosas seareiras aparcaron a comida do mediodía para facer patente no seu twitter a sorpresa de que "Segunda división" puxera o colofón a unha entrevista co mesmísimo Eduardo Galeano en "Carne Cruda", de Radio 3. Podédelo escoitar nesta ligazón, reproducindo o arquivo do 22 de xuño a partir do minuto 36.

Estaremos venres en Teo na compaña de varios grupos amigos, no festival "Música na noite", e domingo en Boiro por unhas festas galegas e populares.


3 FALARON DO TEMPO:

  1. Graciñas mozas, polo linke de Carne Cruda. Unha aperta!

    ResponderEliminar
  2. ATENCIÓN: Suspendido de última hora o concerto desta noite en Boiro por orde do concello. Farase nas próximas semanas nun lugar diferente do C.S. Aturuxo. Seguiremos informando. http://www.youtube.com/watch?v=P7DrYJaiBHQ
    AE

    ResponderEliminar
  3. apertas con retraso, no comment!

    ResponderEliminar