As ministras Vidal e Mosqueira farán hoxe un oco na súa axenda para desprazarse até o Planeta Furancho. En directo na Radio Galega Música a partir das 23 h.
Por outra banda xa está en Vimeo a fita Tourettes, de Martín Fiallega, en cuxa banda sonora figura o nosa versión de "Para che falar de amor". Recomendamos o visionado de toda a curta, así que non daremos pistas de onde é que salta a canción.
Van os bolos máis inmediatos:
-4 de agosto: Sala The Star. CARRAL.
-6 de agosto: Vikinsons 11. CATOIRA (+Ultraqäns)
-18 de agosto. Pub Cachán. COMPOSTELA. Con entrada.

0 FALARON DO TEMPO:
Enviar um comentário