12.7.11

No Top 1 da Mondonoro de Galiza-Castilla y León


Este verán Violentos anos dez figura no Top 1 da edición de Mondosonoro para Galiza e Castilla y León. Como exercicio de humildade e para non profanar en exceso o rock de serie B, tocamos a noite do sábado nas festas da Esfarrapada (Anceu) en Pontecaldelas. Amenizamos unha churrascada popular. Á espera de concretarmos os concertos de Burgos, Valladolid e Aranda del Duero, mantémonos fieis ao auténtico feito diferencial galego con proxección de futuro.

0 FALARON DO TEMPO:

Enviar um comentário