16.8.11

Presentación en Compostela e os audios de Radio Galega Música


Despois da presentación das cancións sen o disco, de concertos circunstanciais e de actuacións sorpresa, regresamos á cidade natal para facer -agora si- a presentación de Violentos anos dez como a ocasión o merece. Esta será, ademais, a ÚLTIMA OPORTUNIDADE nesta tempada para verdes a Ataque Escampe coa formación actual (quinteto).

A cita, este xoves 18 de agosto contra as 22:30 no Cachán. A entrada é como de costume de 10 euros con disco ou 3 euros sen el. Axudádenos a demostrar que tamén hai vida no mes de agosto fóra de Sanxenxo e Portonovo!

Para quentarmos motores recuperamos os audios das entrevistas de xullo en Radio Galega Música:

RADIO OCEÁNICA (selecciona o programa do 24 de xullo)
PLANETA FURANCHO (selecciona o 28 de xullo)
Xoves no Cachán, xente!

2 FALARON DO TEMPO:

  1. Agardamos impacientes as letras
    Saúde!!

    ResponderEliminar
  2. as letras están no disco. agardamos impacientes a que o compres XD

    pero si, habémolas facilitar dentro de pouco

    saúde!!

    AE

    ResponderEliminar