Cúmprense este mes dez anos (e non parou de chover) desde as primeiras xuntanzas no Monte da Condesa e os seus tímidos e nada serios ensaios. O aínda máis desafortunado nome de Ataque Escampe chegaría un pouco despois. Para celebrar a efeméride do desastre á vez que os 1000 seareiros no facebook rescatamos do esquecemento dúas pezas prehistóricas. A estas alturas non nos preocupa en absoluto que coñezades o malos que eramos. Quén podería adiviñar daquela que eses balbuceos rematarían por dar un grupo máis ou menos de verdade? O certo é que ouvindo "Nos zapatos do amor", gravada por medio dun mini-disc no 2002 canda Brais de Sacha na horta, co falsete da cantante cara ao final parece que augurabamos o xiro soul. Pola contra, o punk-folk de "Moscas na tea" non terminou de xermolar -de nada, ouvidos humanos.
En breve coñeceredes data, hora e lugar para o bolo do décimo aniversario, que estará inzado de temas pouco habituais no directo e mesmo algúns inéditos. Estaremos franqueadas por antigos membros de AE e ilustres companheiras do metal. E Roi Vidal chorará para todas vós, como nas auténticas traxedias gregas.
"Nos zapatos do amor": http://www.goear.com/listen/c53865e/nos-zapatos-do-amor-maqueta-2002-ataque-escampe
"Moscas na tea": http://www.goear.com/listen/99e1754/moscas-na-tea-ataque-escampe
"Moscas na tea": http://www.goear.com/listen/99e1754/moscas-na-tea-ataque-escampe
NOS ZAPATOS DO AMOR (2002, con mini-disc)
Un poema é un poema
E unha rosa é unha rosa.
Pero os teus ollos son…
Pero os teus ollos son…
O roce exacto do misto
Nos zapatos do amor (Bis)
Un poema é un poema
E unha rosa é unha rosa.
Pero a miña vida é…
Si, a miña vida é…
A única esperanza que me queda
De nunca morrer (Bis)
Si, a miña vida, a miña vida…
Que palabra tantas veces pronunciada (vida, vida…)
Esta totalidade, a palabra alongada.
Vaia vaia, por fin me decato:
As vidas de tódolos homes que sen palabras ficaron.
Un poema é un poema
E unha rosa é unha flor.
E a morte enriba nosa é…
Si, a morte enriba nosa é
O suicidio dun poema, harakiri de papel (Bis)
MOSCAS NA TEA (2002, con mini-disc)
Mércame un axóuxere novo, mamá,
Non quero moscas na tea.
Ou apréndelle unha naina ás arañas, mamá,
Que senón hei deixar toda a cea.
Que a herba medre pola noite
Non o acabo de concibir.
Que me digas cousas xeitosas
Antes de me durmir… (por que?)
E quéresme vivo mais só dunha certa maneira,
E quéresnos vivos de pulso e de respiración.
E eu quero un “queremos” que soe ben alto na feira
De onde nos traes as moscas e a dor.
Mércame un axóuxere novo, mamá…
Que cousa non cantarlle á vida,
Que morte non querela ver.
Prefíroa fea e espida
Que vestida e fea tamén.
E quéresme vivo mais só dunha certa maneira…
Mércame un axóuxere novo, mamá… (Bis)

0 FALARON DO TEMPO:
Enviar um comentário