Como suporedes a música non nos dá nin para pipas. Mais con certeza estanos facendo millonarias en anécdotas, que non se esgotan nos concertos en Varsovia nin nas mencións no Parlamento.
Sábado emitiron no Telexornal un vídeo promocional do derbi galego coa nosa canción "A banda desdenhada (Entre O Leo e o mamoneo)" como banda sonora. Mais o rechamante aconteceu Domingo: no videomarcador de Riazor, xusto antes de botar a bóla a rodar e diante de 35600 persoas, pasárono outra vez.
Esperemos que as axencias de calificación permitan a existencia dos nosos netos. Embaixo o vídeo...
0 FALARON DO TEMPO:
Enviar um comentário