OIAN: ESTAMOS INCOMUNICADOS POR MAIL; SE TEÑEN ALGÚN RECADO OU ASÍ UTILICEN OS MÓBILES DO CONTACTO ATÉ NOVO AVISO.
A bici da foto é a tal da Ana de "Misión de audaces", encarnada no videoclip que estamos a gravar na Coruña pola actriz Tamara Barja. Hoxe e mais mañá andamos niso canda Lucas Nadal e equipa. Atopámonos xenial coas unllas pintadas...

Cremos comprender a emoción que supón
para PJ Harvey verse na selección que fixo Xavier Valiño dos mellores
discos do ano e compartindo páxina con Ataque Escampe. Ocorreu hai pouco
en SantiagoSiete. Tedes o número na parte inferior do post (páx.6).
Como
este tipo de cousas e mailo videoclip están a subir de xeito inusitado a
nosa moral, pensamos que o 2012 pode ser o ano da nosa consagración
alén Bierzo, e mesmo estudamos seriamente a posibilidade de editarmos un
primeiro disco bilingüe español-galego. Revisitariamos clásicos do
grupo para dar lugar a temas como "La granja de Alejandro (A granxa de
Alexandre)" .
Saúde e que 2012 se apiade de todas.

Na Galiza o dia dos enganos é o 1 de abril, nom o 28 de dezembro :P
ResponderEliminarok, nom volverá ocorrer xD
ResponderEliminarsaúde!